xoves, 11 de decembro de 2014

Eufolio: Como, avaliación do traballo.

 Fonte. Atn. Educ.

Que fixemos?
“Traballamos de xeito individual, por parellas e en pequenos grupos cooperativos.”
“Conseguimos informacion e imaxes libres de dereitos sobre a Torre Eiffel, fixemos un DNI dela, unha presentación con Impress que expuxemos na clase. Valoramos o proceso realizado e os nosos resultados. Subimos os nosos traballos á Plataforma Mahara: http://mahara.eufolio.eu/

Fonte Atn. Educ.

Que nos gustou do traballo?
 “Movernos máis por Internet con seguridade e aprender a utilizar ferramentas dixitais”
 “Ter que buscar información no ordenador: buscar paxinas, imaxes con licencias para ser compartidas. Foi moi divertido a verdade gustoume”.
“Investigar. Colaborar. Achegarnos a outro xeito de aprender e de arquivar o que sabemos facer”
 Fonte. Atn Educ.
Que nos custou?
-“Entender algunhas das actividades porque é un xeito novo de traballar e había que saber moitas cousas diferentes”.
-“Traballar ben en equipo”
-“Tivemos atrancos cos ordenadores”.

Estas son algunhas das nosas conclusións:
- “Penso que estivo ben facer o traballo Pareceume unha actividade moi divertida e aprendín moitísimo sobre a Torre Eiffel e sobre París".
 -“Exploramos e aprendimos cousas novas”
 -“Non me costou moito, pero o máis difícil foi buscar fotos que non tiveran dereitos de autor ou que tiveran licencias que nolas permitiran empregar”. 


2 comentarios: